martes, agosto 22, 2006

aghora, dispois de tanta e tan boa literatura, paso a reproducir os poemas que se escribiron durante a cea da Excelentísima banda de Gaitas do concello de Carballo. alghunhas son inventadas e outras son populares... a cabeza non daba pra máis:


como te pille no prado
como te pille máis veces
eicha meter no corpo
e has ter pra nove meses

------xxx--------

as rapazas de Carballo
xa non van á piscina
porque escoitaron por ahí
que habia pollas submarinas

-------xxx----------

megela, megela, megela
megela de mi corazón
tu eres mas grande
que Castilla y León

------xxx----------

taban bos os langhostinos
o polbo estaba millor
se fora pra calle da estrella
habñia salir un polvo
¡carallo!

-------xxx----------

hoxe comin demasiado
estouparonme os amallos
descubriuseme a barrigha
e tamen o carallo

---------xxx------------

espighas espighas nun balde
espighas pra darlle ás pitas
e se non metochas pola cona
ata que salghan palomitas

---------xxx-------------

pinos, pinheiros, pinos
pinos do meu corazón
pinos, pinheiros pinos
e no medio un arcolitro
¡carallo!

---------xxx--------------

onte á noite non podia durmir
só era capás de pensar en ti
estarei tolo ou namorado???
tolo estaria se non stivera namorado de ti




SEN PALABRAS

son fotos recientes, mas adelante ya pondre fotos algo comprometidas de ella.
¡¡¡BIENVENIDA!!!!

sábado, agosto 19, 2006

jueves, agosto 17, 2006

POESIA CROSALTABAN & CARPINCHO

Oh! Megela, Megela, Megelón
tu eres como un melón
para abrazarte tengo que abrir los brazos
cual acordeón

Oh! Megela, Megela Megelona
tienes un pelo de fregona
si te lo rapas al cero
te quedará una enorme bola

Oh! Megela, Megela, Megelita
lo de Megelita es mentira
porque eres más grande
que toda Castilla

Oh! Megela, Megela, Megeleta
cuando te esparruchas una teta
te sale más leche
que a una vaca lechera

Oh! Megela, Megela, Megela
el hedor fe tu piel
me hace ahora cambiar
para Javier

Javi, Javi, Javier
tu cojeas por doquier
cuando no tienes ascensor
te quedas abajo, ¡cabrón!

Javier, Javier, Javierito
con tus bailes yo me río
tanto sea la Carballesa
como o Ventosiño

Javier, Javier, Javierete
eres tan malo a la gaita
como Vicente al clarinete

Javier, Javier, Javierón
no cruces la calle
sin prestar atención
o te matará un camión

Javier, Javier, Javier
parece que fue ayer
pero te fuiste a la Xunta
y ahora nos va muy bien

martes, agosto 08, 2006




Contador Gratis

estoria

Só coma un carballo no medio dunha cidade, só como un edificio no monte. Así me encontro. Ninguén me aprecia, ninguén me fala se non é para comenencias e xa estou farto. Xa sei que moitas veces dixen tonterías, xa sei que son bastante especial, xa sei que non me gustan as cousas que lles gustan aos demais, pero merezo vivir, merezo que alguén me dirixa a palabra, merezo caerlle ben a alguén, pero iso nunca pasa. Vaia a onde vaia rexeitanme e síntome aislado. Pero isto vaise acabar, isto vaise acabar agora mesmo, cando esta cuchilla atravese as miñas veas e morra arrodeado do meu propio sangue. Incluso el foxe de min.

estoria

Era un deses días no que o sol quenta tan forte que ninguén quería saír da casa a non ser de ir para a praia. Mais un home alto e forte andaba paseniñamente pola rúa vestido con un xersei negro de cuello vuelto e uns pantalóns de pana da mesma cor. Todo o mundo o miraba, mais el seguia co seu andar paseniño. Cando chegou á praza maior do pobo, sentou nun banco e quedou quieto como unha estatua. De súpeto levantouse, sacou unha pistola, púxoa na cabeza e apretou o gatillo. A policía encontrou un papel no peto esquerdo do pantalón que poñía así: onte a miña muller e o meu fillo morreron. Hoxe tocábame a min.

aí vai outra estoria

Nunha noite escura como o azibache unha soa persoa estaba esperta no país de ocnarf. Estaba incurrindo nun dos maiores delitos contra o estado: sairse da rutina e da orde establecida. De súpeto oiu pasos e intentou escapar do cemiterio onde se encontraba. Pero non lle foi posíbel. Os soldados da vida prendérana. Ela só estaba no cemiterio para despedirse da súa nai que a fusilaran había dúas semanas. Ao amencer do día seguinte sabía que non ía ver o luscofusco. Cando unha ducia de balas penetraba no seu corpo só tivo un pensamento: algún día os galegos serán libres.
No luscofusco do día unha bolboreta estaba a sentir a morriña típica da zona onde se atopaba. Pese a ese sentimento seguía a voar alegremente mentres ollaba como a xente se recollía nas súas casas logo dun día de duro traballo nas leiras. De súpeto viu como preto dunha casa medio derruída paraba un taxi e como del salía un home con un traxe marrón e con dúas maletas de pel xa vellas. Ve como deixa as maletas no chan e como comeza a chorar. A bolboreta ao ver nese estado achégase a el para darlle animos, el míraa e comeza a contarlle o porqué da súa pena: fai corenta anos que marchei emigrado e esquencinme da xente que deixaba aquí. Fai un mes recibín unha carta extraviada de fai trinta anos dicindo que miña nai morrera. Aquí estou. Entón a bolboreta comezou a chorar. Despois os dous marcharon cara o cemiterio da aldea para saudar e despedirse da súa nai.
Adolescencia, ¿só iso?

Son Herminigildo, un rapaz rechoncho, mellor dito, gordo e levo aparato de dentes dende os dez anos. Son un adolescente que o ten todo en contra: os rapaces rinse de min polo meu nome (maldita na hora na que se lle ocorreu aos meus pais) e chámanme abrelatas polo do aparato. E agora, para rematar a faena, para ser o máis impopular do instituto, póñenme lentes. Unhas noxentas e horribles lentes. O oculista díxome que tiña cero con cinco de miopía. Na clase todo o mundo se ri de min, e as profesoras: “Oh! Que guapo estás con lentes”. Pero por que din mentiras?, se estou HORRIBLE con mayúsculas, se nin sequera me miro no espello porque teño medo de rompelos, e por riba de poder cortarme cos cristais e de poder ter mala sorte durante sete anos, rifaríanme meus pais. Por poñer un exemplo, o outro día non recollín a roupa e miña nai berrando provocou un terremoto de sete graos na escala de Righter.

Grazas a deus, teño unha escapatoria. Un sitio no que non existen os problemas e onde me sinto ben. Ese lugar é a banda de gaitas, esa agrupación musical do meu pobo que me desconecta de todo e de todos. Cando teño ese instrumento nas miñas mans esquézome de tdo e de todos. Das rifas na casa, dos insultos do instituto, en definitiva, de odiar a existencia. Todo o negativo desaparece mentres polos meus dedos desfilan as notas tocando unha canción calquera.

Pero agora que xa me coñecedes, contareivos a historia, a verdadeira historia da miña vida:

Todo comezou un día no instituto, un día de inverno dun ano calquera. Era un día neboento tanto na miña Galicia natal como na miña vida. Como todos os días dirixínme cara a miña clase, saudei á miña amiga Alba, pero ese día había algo especial, mellor dito, alguén especial que antes non existía na miña vida. Aquel alguén era unha rapaza e a súa prima: Mariel e Lucía. As dúas eran fermosas rapazas, aínda que unha delas era como unha rosa que nace no medio dun campo de margaridas. Esa rosa era Mariel. Era uruguaya e tiña a pel morena, un moreno que resaltaba a súa preciosa dentadura. Pero eu, coma sempre, metín a pata ata o fondo. Cando Alba ma presentou, non escoitei ben o seu nome e en vez de chamarlle Mariel, vou e chámolle Marinera. Sempre me pasa o mesmo, nunca fago unha a dereitas.

Despois, nese mesmo día, exame sorpresade matemáticas. Xusto exame do profesor que non entendo, en realidade ninguén o entende: está toda a santa hora con adivinas, e claro está, saquei un tres con seis. En resumo, ese fatídico día metín o zoco ata o fondo coa rapaza máis fermosa do instituto e suspendín un exame de matemáticas, un día redondo.

Coma sempre á noite non había nada na televisión, así que decidín ir para a cama sen cear, pois o día fora moi esgotador.

Á mañá seguinte levanteime e fíxenme a promesa que nese día todo ía saír ben. Pero eu son Herminigildo, o rapaz ao que todo lle sae mal. Dende que saín da casa ata chegar ao instituto non me pasou nada malo, pero nada máis chegar ao corredor da miña clase e moi cerca de Mariel, esvarei e xusto a fun empurrrar a ela. Caeu ao chan e nada máis ver o que pasara todo o corredor emezouse a rir. Tivena que empurrar xusto a ela, non podía caer eu só, nin se podía rir a xente de min, non, sempre teño que estropearlle a vida a todo o mundo que me rodea. A Mariel pedinlle mil e outros infinitos perdóns, pero enfadouse conmigo igual, e tiña razón. Pola miña culpa caera e por riba tiraraa o noxento de Herminigildo. E grazas a deus (se é que existe) que non pasou nada máis nese día.

A partir de aí empezou a operación “conseguir a Mariel”, ou polo menos intentalo. Empecei a ir ao ximnasio para baixar de peso, pero eu, estou gordo porque adoro á comida e en vez de adelgazar, entrábame aínda máis fame e incluso cheguei a engordar. Por outro lado, estaba o do aparato e o das lentes, que o aparato tíñao que levar polo menos durante un ano máis e os lentes seguramente non mos quitasen na miña vida. E eu preguntábame antes de coñecer á esta beleza se o amor o pode todo, e agora, por coñecemento de causa podo dicir que non, ou polo menos, o amor que eu sentía por Mariel non, e por agora é o único que coñezo.

Cada noite, ao deitarme, seguía cavilandoe cavilando nesa rapaza, mentres meus pais pensaban que eu estaba durmindo. Eu imaxinaba como sería a nosa vida se nos chegamos a casar e a ter fillos. Eu imaxinaba que viviríamos nunha casa ou nun chalé nas aforas dunha cidade, eu gaiteiro de profesión e con fillos e fillas xogando no xardín co noso can. Pero iso eran imaxinacións e non se parecía nada á realidade.

Eu pensaba que todo tiña que pasar, que algún día levantaríame da cama e xa non pensara en Mariel como o meu amor platónico, senón como unha rapaza fermosa sen ningún interese para min. E por máis que o intentei non a puiden esquecer. Sabía que non tiñaningunha oportunidade con ela, dado o meu físico seguro que preferiría casar cun porco e non conmigo, pois se a un porco lle pos aparato e lentes din que somos xemelgos.

A miña locura chegou tan lonxe que intentei suicidarme. Pero non só polo amor da uruguaia, senón pola miña vida en xeral. Intentei suicidarme polo impeorable aspecto, e porque odiaba a este mundo no que ninguén quere ser o que é e que quere ser o que os outros aparentan ser. Intentei suicidarme primeiro cortándome as veas, pero cando tiven o coitelo na man non fun capaz. Pero despois, ocurríuseme unha sobredose do que houbera no botiquín da casa. Pero como cae de caixón non o conseguín, pois entre que non me decidía a cortarme as veas, e que tomei as pastillas chegou miña nai e chamou rapidamente á ambulancia. No hospital fixéronme un lavado de estómago, cousa que non lle recomendo a ninguén.

Cando me recuperei do incidente e volvín ao instituto, todos me miraban de diferente maneira, como se fose outra persoa. E eu pensaba que estaban tolos, que eu era o mesmo, pero en realidade o tolo era eu, que quixera quitarme a vida, así, da noite para a mañá.

Pero aparte deso todo seguía igual ca antes: eu seguía estando tolo por Mariel, seguía a ser o máis impopular do instituto, gordo, sendo un abrelatas cuns noxentos lentes.
Xa entrado o mes de febreiro, e en vésperas de San Valentín, decidín declararme ámiña namorada. Pero non como fai todo o mundo, senón dunha forma que eu pensaba que era orixinal pero que ao final resultou ser unha idea estúpida máis no meu historial. A forma de declararme era enviándolle unha rosa cunha decicatoria na que puxera un poema inventado por min e que expresara os meus sentimentos.

Deseñado o plan só quedaba que se fixera en realidade. O día de San Valentín unha preciosa rosa apareceu na súa mesa, cunha nota coa miña postal. Sei de moi boa tinta que lle gustou moito, pois diso informoume Alba. Pero como son un covarde e un tonto non lle dixen que fora eu o da rosa. Se me atrevera ao mellor agora estariamos xuntos, moi xuntos, coma dous namorados nunha película de amor. Pero non puido ser.

Un mes máis tarde entereime de que o seu verdadeiro nome era Nayara Mariel Fernández Flórez. Un nome precioso, como toda ela. O primeiro nome era o nome máis fermoso que oira na miña vida e xa lle tiña destinataria no futuro. Así se chamaría a nosa filla, Nayara García Fernández. Soa moi ben ese nome, e espero que tamén lle guste á miña namorada, ao fin e ao cabo tamén vai ser filla dela, ou iso espero, que casemos e teñamos moitos fillos.

Aínda que pareza mentira, despois de varias semanas empecei a falar con ela. Só como compañeiros, falando das clases, do tempo que facía e pouco máis, pero pouco a pouco de ser compañeiros chegou a ser amiga miña, pois eu dela quería ser o mozo. Empezamos a quedar todos os da pandilla para tomer algo os fins de semana e a relación foise estreitando cada vez máis, pero esa maldita covardía que aínda persistía por todas as células do meu corpo non me deixaban declararme.

O día do meu aniversario, despois de San Xoan, invitei a varios amigos a comer unhas pizzas e despois ir ao cine. Entre esas amizades estaba Mariel. Ela chegou á hora prevista, e non como o restoque chegaron cinco minutos tarde. Entramos na pizzería e abrin os agasallos. Alba e Alberto regaláranme un libro, unha funda para o móbil e unha bolsa chea de caramelos. Os outros regaláronme outro libro e un marco cunha foto de todos cando foramos de excursión a León. E Mariel fíxome un agasallo precioso ao que terei nun posto preferente o resto da miña vida. Regaloume dúas camisetas, as dúas camisetas máis fermosas que vira na miña vida.
Cando acabamos de comer, fomos ao centro comercial para ver unha película desas de amor que son todas iguais. Senteime ao lado de Mariel e pedinlle a Alba que se sentara tamén ao meu lado. Cando a película ía por cando o tipiño lle di á tipiña que está tolo por ela e a tipiña lle contesta que tamén está tola por el, doume un arrebato de valentía e de coraxe que lle recitei á miña amada o poema que lle enviara por San Valentín. Quedou sorprendida. Moi sorprendida. Tanto que quedou mirando para a pantalla do cine e sen ver a película, sen dicirme nada, sen mirarme, sen pestanexar, como se eu non me acabara de declerar.

Cando acabou a películanon falou con ninguén, e esquivaba a miña mirada.non se dirixiu a min ata que cando a veu recoller o seu pai e díxome ao oído “xa falaremos deste asunto con máis calma”, meteuse no coche e marchou.

Estiven toda a noite con pesadelos, que Mariel me dicía que non, e que despois collía un coitelo e mo clavaba no corazón e cousas polo estilo. Despois, cando pola mañá espertei recei moito para que me dixera que si. Cando fun a mirar o meu novo móbil que me regalaran meus pais polo aniversario atopei unha mensaxe. Mirei de quen era e era de Mariel, que me dicía que quería falar comigo e que estaría no parque ás cinco da tarde.

Cando cheguei ao lugar acordado ela xa estaba esperando por min, polo que axilicei o paso. Nada máis chegar a onda ela xa se puxo a falar.

– A verdade é que non sabía que facer. Estiven toda a noite cavilando no da rosa de San Valentín, no do ben que nos levamos agora, e todo iso. A verdade é que cando me chegou a flor estiven moito tempo preguntándome se algunha vez sabería quen era o meu pretendente, e se eu tamén estaría tola por el. E resulta que o meu admirador es ti. Es moi simpático e todo iso, pero a dicir verdade non es o tipo de tío que me gusta.

Nada máis ver como o meu corazón caía ao chan e se rompía en centos de anaquiños pequenos marchou e deixoume alí, só e destrozado. Viñéronme as ganas de chorar, de chorar moi forte e liberarme de aquela dor tan grande que me oprimía e que non me deixaba vivir, pero non o fixen. Aguanteime e coa cabeza erguida intentando disimular marchei para a miña casa moi amodiño para poder asimilar que Mariel e eu xa non teremos fillos, que ela e máis eu non seremos mozos, que a primeira rapaza da que estiven namorado non me quere e de que a miña vida non vale para nada.

Estiven todo o verán pensando nela. Ademáis non quería ir á praia porque tiña complexo da miña gordura e iso que nunca antes o tivera. Tampouco quería comer e non tiña ánimos nin para levantarme da cama. Non quería facer nada ata que un día chegaron á miña casa catro dos meus amigos: Alberto Alba, Adrián e Sebastián. Eles foron os que me axudaron a esquecer a esa rapaza durante un día enteiro. Erguinme da cama, ducheime e estivemos todo o santo día por aí, de troula.

Despois dese día, seguin moi deprimido, aínda que xa ía algún día á praia e non estaba todo o día tirado na cama. E así, pouco a pouco e con paso moi lento foi como pasou o peor verán de toda a miña vida.

A mediados de setembro foi cando chegou a proba das probas, enfrentarme todos os días a ver esa cara que me rechazou, esa cara de anxo que nunca sería miña. Pero iso era máis soportable que pensar que a túa namorada nunca estará namorada de ti, de pensar que a túa vida non val un patacón, de pensar que a vida é un inferno.

A mediados do primeiro trimestre pasou algo que naquel momento pareceume marabillosamente incríbel: a miña amada un día cando volvíamos do recreo díxome se aínda estaba en pé o do verán. Eu, do sorprendido que esstaba non podía dicir nada, pero ela foi rotunda: un bico na boca. Naquel momento debín caer ao chan, pois o seguinte que recordo é ao profesor de tecnoloxía dándome labazadas para que espertase. Eu, como é lóxico aparteino dun empurrón, pois acababa de darme labazadas diante de todo o mundo, máis aínda, acabába de darme labazadas diante da miña nova moza.

Estivemos dúas semanas saíndo xuntos, ata que me enterei de que estaba a saír comigo para darlle ciúmes a outro rapaz. Ao principio non o podía crer. ¿Era tan rastreira? ¿namoraráme dunha vulgar rameira, dunha sucia prostituta?, si, iso era, era unha sucia e fedorenta prostituta. Utilizárame para conseguir a outro home, e iso non llo perdoarei nin aínda que viva catrocentos millóns de anos.
Estaba destrozado, acababa de romper coa miña primeira moza e romera daquela maneira. Estiven moi tristeiro nas seguintes semanas, e o máis raro de todo é que aparte dos meus amigos de sempre veume consolar unha persoa que eu só a consideraba compañeira e ca que non tiña case trato. Esa rapaza era Lucía, a prima da inmencionable. Ao principio pensaba que era igual ca súa prima, polo que lle daba as grazas por consolarme pero non lle facía caso, pero despois descubrín que estaba a favor da miña “causa”, que lle parecera moi mal o que fixera a súa prima e que quería ser a miña amiga. A verdade é que ela, ao igual que os outros me axudaron a pasar aquel duro transo.

Pasou o tempo e as cousas fóranse enfriando. Lucía estivera tanto tempo comigo e entendiámonos tan ben que houbo un momento que ata pensei que me empezaba a gustar como moza. Penseino ben e díxenmea min mesmo “non, ti non te namoras por agora”.

Un día de baixa moral, estiven pensando nas persoas que me queren ou ás que lles caio ben e pensando e pensando cheguei á conclusión que as únicas persoas que me queren, aparte da miña familia, son os poucos amigos que teño, que son todos da banda de gaitas, ou mellor dito, case todos, porque despois está Lucía. Pero con esas conclusións ao día seguinte díxenme a min mesmo que os outros non saben ao amigo, compañeiro e demais usos que se esan a perder. Ese mesmo día decidín levantar cabeza dunha vez por todas e estaba decidido a levantar cabeza e se facía falla o corpo enteiro. Empezaron a darme igual os insultos da xente e tamén as rifas da casa. As notas cada vez ían mellor e a banda de gaitas empezaba a soar ben.

Estabamos empezando o segundo trimestre e voltaba á casa despois dun longo día de instituto. Era martes e comezaba a caer unhas pingueiras de chuvia. Subin as escaleiras da miña casa e despois de cerrar a porta da entrada e percorrer o corredor cheguei á cociña. Había unha carta enriba da mesa que tiña o escudo do concello. Abrina. Na carta poñía que por falta de presuposto a banda municipal de gaitas de Carballo tería que ser disolta. Iso fulminoume. Comecei a chorar como un tonto enriba da mesa e non podía parar. Miña nai, que estaba entrando pola porta do balcón, preguntoume por que estaba chorando e como non lle podía contestar ensineille a carta e cando a deu lido abrazoume. Ela sabía o que significaba para min a banda.

E como non o podo soportar, como non podo afacerme á idea de que os venres non teña que volver toda a tarde á banda, a distraerme deste mundo hipócrita e cruel que nos rodea, vou rematar con todo. Voume suicidar para acabar con este sufrimento, con esta amargura constante. E sei que hoxe ninguén vai vir a “salvarme”

E con estas liñas me despido de todos, pois estas son as vivencias e as aventuras dun adolescente, só iso. E como dixo Manuel Rivas no seu libro “Galicia, Galicia”: a terra que deixo estou seguro de que é a terra prometida.

lunes, agosto 07, 2006

bueno, aqui esta o meu blog. aquí irei poñendo todas as miñas horrorosas estorias e as miñas paranoias. veñas, deixade unha mensaxe despois de escribila. jajajaja








Contador Gratis