o rei ten por costume dar a súa mensaxe de nadal o día 24, creo. si, eso que cando aparece antes de cear empézase a falar, xa que salvo a 2 de TVE, está ese tipiño que chupa do bote sen facer nada durante o ano, salvo ir de vacacións por ahí adiante. ben, xa que isto ocorre, agora, o día 31 de decembro de 2006 tócame a min como co-secretario xeral do MUC e director desta prestixiosa publicación en forma de blog encher unhas liñas de tópicos como "bo nadal" "feliz aninovo" "que todos os teus desexos se fagan realidade" "que mal anda o País", etc, etc, etc:
benqueridos amigos, colegas, coñecidos, descoñecidos e demais familia. un ano máis (este é o primeiro pero bueno) tócame desexarlles un faliz aninovo, recordando que neste penúltimo día do ano, e para acabar ben o susodito, eta volve a poñer bombas, EEUU manipula unha democracia e mata a un ex-presidente (dictador, iso si). por iso quería recordar todos os bos propósitos de hai un ano, e tamén os de hai nove meses, que onte se racharon. por outra banda, este servidor, estando en total desacordo coa pena de morte (incluso para ese malnacido) recolle cunha vaga e lixeira simpatía esta noticia.
centrándonos no noso estado, dicir que dende o muc, un partido ilegal (que non ilegalizado)e clandestino, sen votantes e sen nada, quere condenar o atentado terrorista e (aínda que o 50% do partido é nacionalista periférico) reiterar que mediante a vía da violencia e da extorsión non se pode chegar a unha independencia na que se mereza e poida vivir.
nada máis, un saúdo a todos os que me coñecedes e unha aperta aos meus amigos (se os teño).
FELIZ ANINOVO