parece mentira que xente tan formal acabe facendo estas tonterias. VIVA A BANDA CON TRAXES!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
domingo, febrero 18, 2007
sábado, febrero 17, 2007
en Maio celébranse eleccións, e o concello decidiu facernos traxes. que casualidade. todos de negro, preciosos. e imaxinamos que os acabarán para o día das letras galegas. que ben imos quedar.
agora Andrade disque é nacionalista, centrista e progresista. omitindo sempre. Imos aclarar certos puntos. é nacionalista, si, pero nacionalista español. Tamén é de centro, cando o céntro se encontra entre o pp e "fuerza nueva". E pódese dicir que é progresista se viaxamos no tempo ata a Idade Media e o poñemos como trobador, ou soldadeira.
E o coxo sighe presentandose polo bng, coa súa cara de bueniño e de non romper un plato. ¿cantas comisións cobraría?
Despois está o Sueiro, nada máis que dicir que é do pp. E o pobre do psoe non ten votos nin con pucheirazo. E iso que é concelleiro de facenda.
O único partido que se salva é o MUC, partido alegal, xa que non se presenta ás eleccións por mor de certas tonterias como que non ten nin puta idea de levar un concello e que un dos seus secretarios xerais é menor de idade.
só nos queda o consolo de que morreremos alghún día, e que antes que nós xa foron millóns de persoas. os traxes son negros, preciosos, a costureira está loca por suso (e por min xa non digamos), alba disfrazouse e villarín sae hoxe. Eu estudo filosofía e penso en que gastar os 30 euros. Non me apetece ir a ponteceso.
Hoxe chove, pero non importa. Xa ía sendo hora. Ata que algún día volva a escribir algho neste blog que só un eu uns días máis vello leo. Non importa, sempre é bonito ver as tonterías que se escriben. A pasalo ben

bueno, o ano pasado a desafortunada desaparición da miña "carta de amor" fixo que deixase de gañar, ou polo menos participar no concurso celebrado polo equipo de normalización lingüística do excelentisimo IES Isidro Parga Pondal. este ano, quedei segundo, despois da carta de Bea. Pero iso non importa, xa que o que conta é que ghanei 30 euracos, unhas 5000 pesetas das de antes. así que vos presento a carta subcampeona do concurso:
Querida Iria:
Escríboche esta carta como fago todas as semanas. Pero eu xa sei que esta será especial, esta carta, miña rula, será a derradeira.
Dende esta guerra escríboche como o fixo meu avó á miña avoa hai xa moitos anos. El tamén sabía que ía morrer, loitando polo que el cría que era o seu deber, defender ao seu país, os seus ideais, e sobre todo, á súa familia. El sabía que loitaba por algo, como sempre nos ensinaron desde pequenos, e non coma min, obrigado a vir a esta guerra á que ninguén nos chamou, na que ningunha motivación teño e da que xa todos se esqueceron.
Pero eu, igual que meu avó, morrerei co sentimento de ter coñecido a alguén especial, e ter con ela un amor tan verdadeiro como o que nos une a ti e a min. El, coas cartas que lle escribía a miña avoa foi quen me ensinou a amar a unha muller.
Xa sabes que quero que te esquezas deste pailán de aldea que aquí che escribe tan pronto como me boten para o burato, e tamén sabes que desexo que sexas feliz, que encontres a felicidade con outro home que poida amarte como eu te amei.
Non quero que chores, non lles des ese gustazo aos que nos enviaron a este inferno.
Tamén sabes que non sei que faría sen ti, sen o teu amor, cariño e amizade. Ti es todo para min, non te esquecerei xamais, pero teño que despedirme. Non lle teño medo á morte. Ela é a gran odiada neste mundo, pero ninguén podería vivir sen ela.
E non te olvides que, mañá, cando unha bala inimiga me atravese as entrañas, a única imaxe que terei na retina e o único son que escoitarei mentres estou morrendo será a túa cara e as túas verbas cando me dixéches por primeira vez que me querías.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)