bueno, o ano pasado a desafortunada desaparición da miña "carta de amor" fixo que deixase de gañar, ou polo menos participar no concurso celebrado polo equipo de normalización lingüística do excelentisimo IES Isidro Parga Pondal. este ano, quedei segundo, despois da carta de Bea. Pero iso non importa, xa que o que conta é que ghanei 30 euracos, unhas 5000 pesetas das de antes. así que vos presento a carta subcampeona do concurso:
Querida Iria:
Escríboche esta carta como fago todas as semanas. Pero eu xa sei que esta será especial, esta carta, miña rula, será a derradeira.
Dende esta guerra escríboche como o fixo meu avó á miña avoa hai xa moitos anos. El tamén sabía que ía morrer, loitando polo que el cría que era o seu deber, defender ao seu país, os seus ideais, e sobre todo, á súa familia. El sabía que loitaba por algo, como sempre nos ensinaron desde pequenos, e non coma min, obrigado a vir a esta guerra á que ninguén nos chamou, na que ningunha motivación teño e da que xa todos se esqueceron.
Pero eu, igual que meu avó, morrerei co sentimento de ter coñecido a alguén especial, e ter con ela un amor tan verdadeiro como o que nos une a ti e a min. El, coas cartas que lle escribía a miña avoa foi quen me ensinou a amar a unha muller.
Xa sabes que quero que te esquezas deste pailán de aldea que aquí che escribe tan pronto como me boten para o burato, e tamén sabes que desexo que sexas feliz, que encontres a felicidade con outro home que poida amarte como eu te amei.
Non quero que chores, non lles des ese gustazo aos que nos enviaron a este inferno.
Tamén sabes que non sei que faría sen ti, sen o teu amor, cariño e amizade. Ti es todo para min, non te esquecerei xamais, pero teño que despedirme. Non lle teño medo á morte. Ela é a gran odiada neste mundo, pero ninguén podería vivir sen ela.
E non te olvides que, mañá, cando unha bala inimiga me atravese as entrañas, a única imaxe que terei na retina e o único son que escoitarei mentres estou morrendo será a túa cara e as túas verbas cando me dixéches por primeira vez que me querías.
sábado, febrero 17, 2007
Suscribirse a:
Comentarios de la entrada (Atom)

3 comentarios:
snif....que bonito.
Pero tu, como siempre, no podías pasar sin poner comentarios acerca de la muerte ni cosas de esas.
Pero muy bonito, premio más que merecido
Dicen que solo desde el más doloroso amor se pueden escribir las palabras más bonitas.
Y no lo digo yo, lo dice gente con cultura, como Belén Esteban
q bunito. ghrasias, por decir que es bonita.bueno,merecido...no es, merecía el primero!!!!!!!!!!!!!
Publicar un comentario